Exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación.

Na semana do 25-29 de novembro, a biblioteca do centro “BIBLIOTORTU” acolle unha exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación. Actividade recollida dentro do plan de igualdade de xénero do centro.

Os traballos foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO.

Neles móstranse carteis onde se abordan dende anuncios de publicidade sexista, o sexismo en determinados programas na radio e a TV, a prensa deportiva; ata un percorrido pola historia do cine, poñendo fincapé nas directoras de cine e a súa ausencia en postos importantes de medios de transmisión cultural e informativa.