Nadal na Jorge Juan

Nadal na Jorge Juan

Melchor, Gaspar e Baltasar quixeron pasar polo colexio para recoller cartas que os nenos e nenas lles tiñan preparadas.

Pola biblioteca foi pasando o alumnado que ademais de entregar as súas cartas, puido falar coas súas maxestades e ata levar un pequeno agasallo como adianto do Día de Reis

Tamén houbo ocasión para cantar e escoitar panxoliñas e facer unha merenda de media maña cos doces típicos destas datas. Foron momentos moi alegres e animados nos que os máis pequenos do colexio escoitaron as panxoliñas que se esmeraron en cantar os maiores.

Dende o colexio queremos agradecer a colaboración por parte das familias e a ANPA na celebración desta xornada.

Galería de imaxes

Vídeo panxoliña

Vídeo panxoliña