A nena e o grilo

A nena e o grilo

Este pasado mércores, 27 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria puido gozar dunha representación teatral. Acudimos á sede de Afundación en Ferrol para ver a obra “A nena e o grilo máis aló”, da compañía de teatro Magín Blanco.

A obra que aproveita o potencial educativo que ten o teatro, contou con baile, música, moitos momentos cómicos e algún que outro dramático. Serviu para pasar un rato agradable e creou tamén unha oportunidade para reflexionar un pouco.

Dende o colexio queremos agradecer aos membros da compañía Magín Blanco que nos fixeran pasar un momento tan divertido, e tamén que se achegaran á saída para despedirse persoalmente e sacar unhas fotos con nós.

Galería de imaxes