Festival de Nadal 2019 – Primaria

O pasado venres, como despedida do primeiro trimestre, fixemos o festival de Nadal de primeiro e segundo de primaria. Acudiron como público as familias do noso alumnado.

Houbo panxoliñas para abrir e pechar o acto, e tamén unha representación teatral na que se representaron de xeito dramatizado os Dereitos da Infancia. Foi un acto festivo pero tamén reivindicativo sobre as situacións nas que moitas veces sufre a infancia.

Deixamos aquí a galería de imaxes deste festival.