Stop Accidentes

Stop Accidentes

Este venres, 13 se maio, a asociación Stop Accidentes visitounos para impartir uns obradoiros nos que blindaron ao alumnado de primaria consellos de mobilidade segura e sustentable, tanto no seu entorno familiar como no municipio e á poboación en xeneral. Deixamos nesta ligazón unha galería de imaxes na que poder ver como foi a xornada.

Ler máis

Leitugas Ecolóxicas e Solidarias

Leitugas Ecolóxicas e Solidarias

O alumnado da Escola Infantil Jorge Juan plantou e coidou durante este curso un horto escolar. Ademais da importante experiencia e aprendizaxe, este horto dou como froito unha fermosísimas leitugas. Non rematou ahi esta aventura educativa, xa que decidiron darlles un destino social e solidario, e así foron doadas á Cociña Económica de Ferrol. Foi un pequeno xesto, pero amosa o potencial e valor que […]

Ler máis

Conto dos alumnos de segundo

Conto dos alumnos de segundo

Os alumnos de segundo de primaria crearon este conto audivisual en inglés. Deixámolo aquí exposto para que o poidades ver, ler e escoitar. Esperamos que vos guste!

Ler máis

Día do Libro

Un ano máis colaboramos no día do libro con Save The Children. Se queres coñecer a información desta actividade, olla este vídeo. Nel o explicamos.

Ler máis

Excursión ao Aquarium Finisterrae

O venres, 8 de abril, o alumnado de primeiro e segundo de primaria fixemos unha excursión á Casa dos Peixes, na Coruña. Este acuario, tamén e coñecido por Aquarium Finisterrae, exhibe peixes do oecosistema mariño da costa galega. Gozamos e aprindimos moito coa visita guiada e da enorme variedade de peixes que puidemos ver. Algúns destes momentos de desfrute quedaron recollidos nas fotografías que podedes […]

Ler máis

Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

O proxecto de centro deste ano tivo como temática e título: “A Nosa Ria”. No seu desenvolvemento fóronse sumando enriquecedoras experiencias e tamén creando materiais e recursos que decidimos expoñer ao público. Para iso, e grazas a inestimable colaboración e apoio do Porto de Ferrol, contaremos cun espazo especialmente axeitado, o faro de Cabo Prior. A exposición, baixo o título “Ferrol, a nosa ría”, estará […]

Ler máis

Oceanografía en E. Infantil

Esta semana @s peques de Educación Infantil tivemos a sorte de ter con nós a Carlota Rodríguez, oceanógrafa do Centro Oceanográfico de A Coruña. Aprendimos moitas cousas sobre a súa profesión e o fondo mariño. E fixémonos moi conscientes da necesidade de coidar as nosas rías, praias, mares e oceanos. Sempre comprometid@s co medio ambiente. Galería de imaxes

Ler máis

8M 2022

8M 2022

O Día Internacional da Muller conmemórase cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade. Hoxe no patio do noso colexio, todo o alumnado e profesorado do colexio formamos un oito e un eme xigante como símbolo de unión a esta reivindicación e do noso compromiso cos valores da igualdade e os dereitos da muller. Nas aulas tamén se […]

Ler máis

Fin do Entroido 2022

Hoxe puxemos fin ás celebracións de Entroido. Fixémolo como outros anos, con disfraces, chocolate e a queima do Meco. Quedan aquí abaixo as fotogragías da xornada para que podades ver o moito que gozamos deste día. Disfraces e chocolatada Queima do Meco

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad