Entre as actividades extraescolares organizadas pola ANPA, teremos este curso un obradoiro de programación e robótica. Desenvolverase todos os xoves de 16:00 a 17:30. Máis información e inscrición na ANPA do colexio.
Entre as actividades extraescolares organizadas pola ANPA, teremos este curso un obradoiro de programación e robótica. Desenvolverase todos os xoves de 16:00 a 17:30. Máis información e inscrición na ANPA do colexio.
Entre as diversas actividades que organiza a ANPA, temos, como novidade, o obradoiro de pintura. Ensinaranse e practicaranse técnicas de debuxo e pintura, carboncillo, pastel, acuarela…Teremos tamén clases de cómic e manga. Nos carteis que publicamos neste artigo tedes máis información.
Deixamos aquí as imaxes da saída que o alumnado de quinto e sexto de primaria fixeron ao Museo do Humor. Puideron coñecer de primeira man a exposición “Volta á orixe” de Xaquín Marín. Galería de imaxes
O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixeron a súa excursión de fin de curso. O lugar elixido foi o Muiño de Pedroso. Puideron elaborar marmelada, coñecer e buscar pegadas de animais, practicar tiro con arco e tiracroios xigante, xogos e sobre todo gozar compartindo tempo e diversión cos compañeiros e compañeiras. Deixamos esta galería de imaxes na que ver como se desenvolveu esta […]
Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón. Tortu news número 7
Poñemos fin ao noso Proxecto de Centro A Nosa Ría cun Roteiro Marítimo pola Ría de Ferrol. Invitámosvos familias a participar cos vosos fillos e fillas, un acompañante por alumno ou alumna. O roteiro marítimo será os días 13 e 14 de xuño pola tarde, con saída dende o Porto de Ferrol e unha duración aproximada dunha hora. O horario está pendente de confirmar pero […]
Sendo un día non lectivo o día 17 de maio, o noso colexio decidiu realizar as actividades de celebración do día das Letras Galegas este venres, 20 de maio. Deixamos coma outras veces o acceso ás fotografías da xornada (Galería) e tamén a páxina web do Seminario Galán, onde os máis interesado poderedes ter información e actividades arredor da vida e obra do homenaxeado este […]
Hoxe, venres 20 de maio, celebramos unha nova edición do concurso Teño Talento. O alumnado de quinto e sexto de primaria amosou as máis variadas mostras de talento, poñendo nunha difícil situación ao xurado. Pero aínda que soe a tópico o importante foi participar, gozar, descubrir e ata asombrarnos coas cualidades dos participantes. Quedan nesta galería as imaxes para a lembranza deste fabuloso concurso.
Co obxectivo é poñer de manifesto a importancia que a comunidade internacional debe conferir á familia como unidade básica da sociedade, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou concretar no día 15 de maio de tódolos anos o Día Internacional das Familias. Na Jorge Juan, como xeito de celebración, levamos varios días preparando agasallos cos que sorprender ás nosas familias no día de hoxe. Deixamos […]