Teño talento 2022
![Teño talento 2022](https://www.colexiojorgejuanperlio.com/wp-content/uploads/2019/12/LOGOCLGPINTADO.png)
Hoxe, venres 20 de maio, celebramos unha nova edición do concurso Teño Talento. O alumnado de quinto e sexto de primaria amosou as máis variadas mostras de talento, poñendo nunha difícil situación ao xurado. Pero aínda que soe a tópico o importante foi participar, gozar, descubrir e ata asombrarnos coas cualidades dos participantes.
Quedan nesta galería as imaxes para a lembranza deste fabuloso concurso.