Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

O proxecto de centro deste ano tivo como temática e título: “A Nosa Ria”. No seu desenvolvemento fóronse sumando enriquecedoras experiencias e tamén creando materiais e recursos que decidimos expoñer ao público.

Para iso, e grazas a inestimable colaboración e apoio do Porto de Ferrol, contaremos cun espazo especialmente axeitado, o faro de Cabo Prior.

A exposición, baixo o título “Ferrol, a nosa ría”, estará aberta nos días e horario sinalado na fotografía superior. Esperamos vervos alí, confiando en que poidades gozar visitándoa tanto como nós.

Non imos rematar este artigo sen amosar o noso agradecemento a todas as persoas que se implicaron, o alumnado, ás súas familias, o profesorado e tamén a imprescindible axuda da Autoridade Portuaria de Ferrol. A todos e a todas, grazas!