8M 2022

8M 2022

O Día Internacional da Muller conmemórase cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade. Hoxe no patio do noso colexio, todo o alumnado e profesorado do colexio formamos un oito e un eme xigante como símbolo de unión a esta reivindicación e do noso compromiso cos valores da igualdade e os dereitos da muller.

Nas aulas tamén se desenvolveron traballos e actividades vinculadas co 8M, das que deixamos imaxes na galería que hai na parte inferior desta páxina. Entre elas tedes ás fotografías do mural coa principal biografía de 10 mulleres relacionadas con mar (oceanógrafas, biólogas mariñas, militares…) elaborado polo alumnado de 2° da ESO. Ademais dos traballos monográficos sobre a vida de cada una delas, expostos nos corredores de secundaria.

Pódense ver as fotografías desta xornada na seguinte galería de imaxes.