Leitugas Ecolóxicas e Solidarias

Leitugas Ecolóxicas e Solidarias

O alumnado da Escola Infantil Jorge Juan plantou e coidou durante este curso un horto escolar. Ademais da importante experiencia e aprendizaxe, este horto dou como froito unha fermosísimas leitugas. Non rematou ahi esta aventura educativa, xa que decidiron darlles un destino social e solidario, e así foron doadas á Cociña Económica de Ferrol.

Foi un pequeno xesto, pero amosa o potencial e valor que poden ter estes pequenos detalles para aprender a construír unha sociedade mellor. Así o entenderon tamén dende a Cociña Económica que fixeron un vídeo de agradecemento.

Podedes ver o bon fin que tiveron estas leitugas nesta ligazón ao vídeo publicado no seu Facebook.