Con motivo da celebración do Mercadiño de Nadal que celebra o noso colexio o próximo sábado, dende Radio Fene fixéronnos unha entrevista. Quen teñan interese en escoitala poden facelo clicando aquí
Con motivo da celebración do Mercadiño de Nadal que celebra o noso colexio o próximo sábado, dende Radio Fene fixéronnos unha entrevista. Quen teñan interese en escoitala poden facelo clicando aquí
Xa temos listos os nosos cadros, que serán subastados no Mercadillo Solidario do vindeiro sábado 14 de decembro. Cadros que fixemos con toda a nosa ilusión para que cheguen aos vosos fogares. Lembrámosvos que comezaremos a subasta en 5€ e os fondos serán destinados ás asociacións medioambientais: Votádelles un ollo e non os deixedes escapar. Esperámosvos!! Galería de imaxes
O día 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade, e os nenos e nenas de quinto de Educación Primaria, quixemos compartir e celebrar este día asistindo á inaguración da Exposición de “Pintamo-lo mundo” que realizaron os nosos amigos e amigas da Asociación Aspaneps. Alí no salón de plenos do Concello poidemos disfrutar da exposición e da compaña dos rapaces e rapazas da asociación cos […]
Este pasado mércores, 27 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria puido gozar dunha representación teatral. Acudimos á sede de Afundación en Ferrol para ver a obra “A nena e o grilo máis aló”, da compañía de teatro Magín Blanco. A obra que aproveita o potencial educativo que ten o teatro, contou con baile, música, moitos momentos cómicos e algún que outro […]
Este pasado 26 de novembro, a rapazada de 3º de ESO vistou o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) de A Coruña.A visita estivo dividida en dúas partes. Por unha banda realizaron un obradoiro de creación dunha emisora de radio; pola outra visitaron a parte do Boeing 747 que está na exposición do museo. O MUNCYT pretende promover o coñecemento e a cultura científica […]
Na semana do 25-29 de novembro, a biblioteca do centro “BIBLIOTORTU” acolle unha exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación. Actividade recollida dentro do plan de igualdade de xénero do centro. Os traballos foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO. Neles móstranse carteis onde se abordan dende anuncios de publicidade sexista, o sexismo en determinados programas na radio e a TV, […]