Pulseiras Salvavidas

Estamos inmers@s no proxecto solidario Salvavidas co que queremos acadar un desfibrilador para o colexio, que poida satisfacer as posibles necesidades da comunidade educativa e do contorno. Para elo, necesitamos vender 250 pulseiras Salvavidas. Grazas a vos xa chegamos a máis da metade, pero necesitamos continuar, polo que pedimos un último esforzo que nos faga conseguir o noso obxectivo. Podedes mercar as pulseiras solidarias Salvavidas na secretaría do centro e nos seguintes establecementos colaboradores:

Bodegas Barral (Barallobre-Fene)

Cafetería Pachamama (Fene)

La Tienda de Carol (Ferrol)

Moitísimas grazas polo voso esforzo!!!