Visita a Compostela

O pasado 21 de xaneiro os cursos de 2° da ESO foron de excursión a Santiago no contexto do estudo do Románico na asignatura de Historia. Alí disfrutaron dunha visita guiada ao recén restaurado Pórtico da Gloria primeiro, adentrándose no ambiente universitario despois visitando a Facultade de Medicina e a Biblioteca Xeral no Pazo de Fonseca.

Como colofón un paseo polo centro histórico para familiarizarse coas rúas de pedra da nosa capital e degustar algunha delicatessen.

Galería