Cans e letras

Cans e letras

Neste novo curso e co obxectivo de mellorar as habilidades da lectura do noso alumnado, retomamos o proxecto de lectura asistida con cans: “Perros y Letras”.

A cadela Nora animará a ler a alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria, aos que acompañará na súa lectura semanalmente. A vantaxes que supón a lectura con este animal son a motivación, a confianza e a seguridade que dá aos participantes, creando unha situación idónea para desenvolver e mellorar as habilidades lectoras.

Quen desexe ter máis información sobre o proxecto “Perros y Letras, pode consultar a súa web: https://www.perrosyletras.com/