Con motivo da celebración do Mercadiño de Nadal que celebra o noso colexio o próximo sábado, dende Radio Fene fixéronnos unha entrevista. Quen teñan interese en escoitala poden facelo clicando aquí
Con motivo da celebración do Mercadiño de Nadal que celebra o noso colexio o próximo sábado, dende Radio Fene fixéronnos unha entrevista. Quen teñan interese en escoitala poden facelo clicando aquí
Este pasado mércores, 27 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria puido gozar dunha representación teatral. Acudimos á sede de Afundación en Ferrol para ver a obra “A nena e o grilo máis aló”, da compañía de teatro Magín Blanco. A obra que aproveita o potencial educativo que ten o teatro, contou con baile, música, moitos momentos cómicos e algún que outro […]
Na semana do 25-29 de novembro, a biblioteca do centro “BIBLIOTORTU” acolle unha exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación. Actividade recollida dentro do plan de igualdade de xénero do centro. Os traballos foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO. Neles móstranse carteis onde se abordan dende anuncios de publicidade sexista, o sexismo en determinados programas na radio e a TV, […]
O 20 de novembro de 1959 a ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno. Na mesma data pero trinta anos máis tarde, o 20 de novembro de 1989, escríbese a Convención sobre os Dereitos do Neno. Por este motivo tomouse esta data para celebrar o Día Internacional da Infancia. O alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo de Primaria do noso colexio […]
Onte, mércores 30 de outubro, puidemos celebrar no colexio o Samaín. Entre as moitas actividades que se desenvolveron, fixemos un magosto no que participou todo o colexio dende infantil ata a ESO. Galería de imaxes
Coa chegada do outono, o tempo das castañas e os magostos, o alumnado de primeiro e segundo de primaria achegouse ao horto do noso colexio para poder ver de cerca os castiñeiros. Alí fixemos a merenda, puidemos coñecer ben como son os castiñeiros e tamén apañar algunhas castañas. Foi unha visita curta pero moi interesante. Galería de imaxes.
No día de comezo do novo curso escolar, o alumnado de primeiro ciclo de primaria tivo un acto de benvida e presentación no salón de actos. O profesorado, alumnas e alumnos de primeiro e segundo presentáronse e dixeron aos demais como querían que os chamaran e un xeito especial de saudalos.
O alumnado de primeiro e segundo de primaria realizaron o pasado mércores, 19 de xuño, a excursión de fin de curso. O lugar elixido para esta saída foi Aldea Nova en Narón. Alí puideron gozar do contacto con animais e a realización de moitas actividades relacionadas co medio ambiente. Galería de imaxes.