Celebración do Día da Paz no Colexio Jorge Juan de Perlío: Fomentando a Tolerancia e a Solidariedade Como cada 30 de xaneiro, o Colexio Jorge Juan encheu o seu patio de esperanza, solidariedade e compromiso coa celebración do Día da Paz. Neste día tan especial, unimos forzas para lembrar a orixe e o significado profundo desta xornada que nos convida a reflexionar sobre o valor […]
A rapazada de 3º ciclo de Educación Primaria achegouse o pasado venres, día 26 de xaneiro, ata o Museo do Humor de Fene para coñecer de man da pintora Gloria López a súa exposición sobre as bailarinas, disfrutamos moito e aprendimos sobre o mundo da pintura. Vos deixamos unha mostra de fotografías da visita.
Festexamos o último día de clase traendo produtos típicos destas datas para desfrutalos na merenda. Ao longo da mañá fixemos diferentes grupos de traballo para desenvolver as competencias STEM e diferenteshabilidades de carácter artístico. Galería
3° de primaria visitamos a Residencia de Maiores Resanes. Alí participamos xunto cos residentes na primeira Ximcana Interxeneracional con distintas probas de habilidade. Tamén poidemos ver como era o funcionamento dalgúns mecanismos que se utilizan no coidado dos maiores. Xunto a eles desfrutamos cantando cancións que levábamos preparadas e eles nos cantaron panxoliñas. Galería
Onte, xoves 21 de decembro, como despedida do primeiro trimestre, levamos a cabo o festival de Nadal para o alumnado de primeiro e segundo de primaria. As familias estiveron presentes como público neste evento especial. O festival consistiu nunha representación teatral relacionada co Proxecto de Centro deste ano: “O bosque animado”. A obra, titulada “El árbol Miedoso”, foi representada polos alumnos do primeiro ciclo de […]
Un ano máis, os Reis Magos de Oriente fixeron unha parada especial no noso colexio, enchendo de maxia e ilusión os corazóns dos máis pequenos. Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto cos seus paxes, visitaron a escola Jorge Juan para recoller as últimas cartas e compartir momentos de ledicia, curiosidade e algo de nerviosismo cos nenos e nenas. Con gratitude e emoción, agradecemos a visita especial […]
Hoxe, 14 de decembro, o alumnado do Colexio Jorge Juan tivo o pracer de recibir a visita dun personaxe moi especial: o Apalpador. Vestido coas súa roupa de carboeiro e a súa emblemática barba, o Apalpador non só trouxo a maxia do Nadal, senón tamén unha mensaxe sobre o coidado do medio ambiente e a importancia de consumir produtos galegos saudables. Involucrou a todos os […]
No Colexio Jorge Juan, unímonos nun esforzo colectivo contra a violencia de xénero no “25 N”, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta data lembra a necesidade urxente de erradicar a violencia de xénero. No “25 N”, o noso colexio comprometeuse con actividades que conciencian, educan e axudan a combater a violencia contra a muller. Reafirmámonos no compromiso de educar non […]