Día Internacional de Loita contra o Cancro Infantil

Día Internacional de Loita contra o Cancro Infantil

O pasado 15 de febreiro celebrouse o Día Internacional de Loita contra o Cancro Infantil, unha xornada de concienciación e apoio á infancia e adolescentes con cancro.

No Colexio Jorge Juan de Perlío, queriamos facer a nosa parte para sensibilizar sobre a importancia desta enfermidade e a necesidade de avanzar na súa cura. Neste sentido, colaboramos coa Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, unha entidade sen ánimo de lucro, de ámbito estatal e de utilidade pública. Os seus obxectivos son fomentar e desenvolver as medidas necesarias para que a infancia e adolescentes enfermos de cancros teñan as máximas oportunidades de diagnóstico, tratamento e curación, asegurando a máxima calidade de vida.

Levamos a cabo esta colaboración amosando o lazo dourado de distintas maneiras. Este lazo dourado é o símbolo que representa aos pacientes máis novos con cancros en todo o mundo. Á súa color honra a súa valentía na loita contra o cancro infantil e adolescente, simbolizando a cor da esperanza.

Podes ver as imaxes destas actividades no Instagram do colexio: https://www.instagram.com/cprjorgejuanperlio/