Entroido 2024

Fai poucos días publicamos nesta web a nova sobre a celebración do desfile de Entroido. Pero aqueles que coñecedes ben o colexio sabedes que a celebración do Entroido na Jorge Juan vai máis alá, e ten outros moitos momentos memorables.
Antes desta xornada tivemos que cumprir os mandatos do Meco, deseñar e confeccionar os disfraces, preparar e ensaiar os desfiles e os bailes, e tamén, xusto despois do desfile, gozamos nas aulas da merenda de Entroido, con orellas, roscas, filloas… pero sobre todo dun momento de convivencia e compañeirismo.
E non remata aquí a cousa, o Entroido no colexio continuará nos próximos días, quédanos a festa de disfraces con tema libre, a queima do Meco, e tamén, a xa tradicional ‘chocolatada’.
Polo de agora deixámosvos algunhas fotografías das merendas de Entroido celebradas nas aulas o pasado venres.
Galeria de imaxes (Educación Infantil)