Galería
Unha das actividades que máis están a gustar das organizadas pola biblioteca é o “Apadriñamento lector”. Orientada cara a promoción da lectura e a consolidación de hábitos lectores, o maiores lenlles aos máis pequenos, aconséllanlles e guíanos para gozar dos libros. Esta semana comezaron as primeiras sesión nas que o padriños coñeceron aos seu apadriñados e mantiveron as primeiras lecturas compartidas. Na seguinte galería de […]
Este venres pasado o alumnado de primeiro e segundo de Primaria fixemos a primeira excursión deste curso. O lugar elixido foi a ECOescola As Campeiras, no Concello das Pontes. A ECOescola As Campeiras é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxee da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos. Alí aprendemos, participamos, vimos, xogamos e pensamos sobre a […]
O alumnado de cuarto e quinto de Educación Primaria fixo unha andaina pola contorna. Deixamos aquí unha ligazón coas imaxes: Galería de imaxes
A ANPA do noso colexio infórmanos sobre a actividade que está a punto de comezar no Colexio de A Xunqueira para nenos e nenas con necesidades especiais ( actividade de PT e AL). A semana pasada houbo xa unha sesión de observación entre os nenos e nenas xa apuntados e a monitora que traballará con eles. Agora mesmo están a facerse os grupos, xa que […]
Dada a boa acollida que tivo nas clases de Educación Física, dende a ANPA ofértase unha nova actividade para Primaria e Eso: tiro con arco. O comezo está previsto para novembro e terá unha cota mensual de 16€, excepto o primeiro mes que serán 35€, xa que inclúe o material relacionado na folla de inscrición.
Este venres pasado, o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria puidemos gozar de cheo do espectáculo do circo. As exhibicións de maxia, equilibrismo, malabarismo e mimo, amenizadas polas simpáticas e alegres pallasas coa inestimable labor do noso presentador, deixaron a máis de un coa boca aberta. Aplausos, música, risas, emoción e sobre todo moita ilusión transformaron o patio nun autentico circo. Deixámosvos as mellores […]
Ola, familias: Compartimos con vós o folleto informativo sobre o Proxecto Abalar e a plataforma E-Dixgal deste curso. É convinte que lle botedes unha ollada porque o noso centro emprega estas ferramentas. Folleto Abalar e E-Dixgal 2022-2023