Espectáculo circense no colexio

Espectáculo circense no colexio

Este venres pasado, o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria puidemos gozar de cheo do espectáculo do circo. As exhibicións de maxia, equilibrismo, malabarismo e mimo, amenizadas polas simpáticas e alegres pallasas coa inestimable labor do noso presentador, deixaron a máis de un coa boca aberta.

Aplausos, música, risas, emoción e sobre todo moita ilusión transformaron o patio nun autentico circo.

Deixámosvos as mellores imaxes da xornada: Galería de imaxes