Excursión a ECOescola As Campeiras

Este venres pasado o alumnado de primeiro e segundo de Primaria fixemos a primeira excursión deste curso. O lugar elixido foi a ECOescola As Campeiras, no Concello das Pontes.

A ECOescola As Campeiras é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxe
e da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos.

Alí aprendemos, participamos, vimos, xogamos e pensamos sobre a importancias da reciclaxe, as vantaxe das “tres erres” para diminuír o lixo, e as moitas cousa que podemos facer reducindo, reutilizando e reciclando.

Deixamos algunhas fotografías para que poidades ver o ben que o pasamos.

Galería de imaxes