Actividade para alumnado con necesidades educativas especiais

Actividade para alumnado con necesidades educativas especiais

A ANPA do noso colexio infórmanos sobre a actividade que está a punto de comezar no Colexio de A Xunqueira para nenos e nenas con necesidades especiais ( actividade de PT e AL).

A semana pasada houbo xa unha sesión de observación entre os nenos e nenas xa apuntados e a monitora que traballará con eles. Agora mesmo están a facerse os grupos, xa que se tentará agrupar aos pequenos segundo a súas características específicas para poder traballar mellor con eles.

Aínda estades a tempo a preguntar, informarvos e apuntar aos vosos nenos e nenas se credes que é necesario.

Recordamos que a actividades é para todos os colexios de Fene e estará impartida polo Centro de Psicoloxía María 98 (onde podedes chamar se o necesitades).

En canto ao custo serían 60 euros ao mes por grupo, quere dicir que eses 60 euros repartiranse entre os membros dese grupo :

  • 3 alumnos sería 20 euros por familia.
  • 4 alumnos 15 euros por familia.
  • 5 alumnos 12 euros por familia.

Calquera dúbida podedes falar coa Anpa do colexio ou chamar directamente ao centro impartidor da actividade.