24 de outubro, Día da Biblioteca

“Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, […]

Ler máis

BiblioTortu: novo horario.

Dende esta semana, ademais de visitar a BiblioTortu durante os recreos, tamén podedes achegarvos a nosa biblioteca en horario de tardes; os luns, martes e mércores de 16:00 a 18:00h. Podedes acceder pola porta de acceso dende o patio (xunto ao salón de actos). Achegádevos a consultar información, ler, estudar, consultar a nosa colección de narrativa, levar prestados e devolver libros, e desfrutar dun espazo […]

Ler máis

Receitas con 100% agarimo

Desde a aula de Educación Infantil da mestra Adriana Pita propoñémosvos este proxecto de aula no que nais e pais axudan a fillos e fillas a elaborar sinxelas receitas de cociña. Pasade unha divertida tarde cociñando en familia e gravándovos en vídeo. El@s son os chefs! Non perdades este exemplo de David preparando unha macedonia.

Ler máis

O proxecto “Plástico 0%” na prensa

Na edición deste domingo de La Voz de Galicia fanse eco do noso proxecto “Plástico 0%”. O mestre Emilio Vilariño explica o desenvolvemento do proxecto e a importancia de que nos concienciemos e comprometamos con este reto medioambiental. Artigo de La Voz

Ler máis

Os ruxidos de Cabárceno escoitáronse na Jorge

Susa Herrera estreou a súa última obra En Cabárceno rugidos y canciones para o alumnado de Educación Primaria. A “creadora de cancións” Susa Herrera volveu polo centro para presentar o seu último libro musical. Novos animais e novas cancións que enganchan a pequenos e maiores tanto polas melodías como polas divertidas letras que foron presentadas pola autora para os tres ciclos de Educación Primaria. O público […]

Ler máis

Canto lixo xeras nunha semana?

Hoxe comezamos o proxecto “Plástico 0″ valorando o problema do exceso deste material no centro. Durante unha semana encheremos a rede que hai no patio con residuos plásticos para tratar de analizar a realidade deste problema no colexio. Unha vez analizada e valorada a situación trataremos de atopar algunha resposta concreta para cambiala.

Ler máis

MOSTRA DE CURTAS PLÁSTICO 0%

A vindeira semana poñemos en marcha o Proxecto de Centro “Plástico 0%”, un enorme reto que pretende a eliminación total no colexio do uso de plásticos procedentes das nosas merendas. E para comezar as actividades propoñemos a “Mostra de Curtametraxes Plástico 0%” coa que tentaremos concienciarnos da problemática medio ambiental que producen os plásticos e identificar no noso colexio este grave problema. Bibliotortu

Ler máis

O alumnado da ESO recolle os diplomas KET de Cambridge

Este venres 20 de setembro fixemos a entrega dos diplomas KET de Cambridge aos nosos alumnos da ESO. Estamos moi orgullosos do seu esforzo e traballo. Noraboa!

Ler máis

Cambio de día no horario de tarde na ESO.

Informamos que para este curso 2019-2020, os alumnos e alumnas de ESO, terán un cambio no día lectivo de tarde, pasando do luns a martes en horario de 16: 00 h a 17.40 h.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad