24 de outubro, Día da Biblioteca

Cartel elaborado por alumnado de 6º B de Educación Primaria

“Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos. ” 

Texto extraído do Pregón “A sen conto” de Gemma Pasqual adicado a celebración do Día da Biblioteca.

Durante esta semana, aproveitamos para visitar a biblioteca e sumerxernos nun mar de plástico que os compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Primaria se encargaron de ensinarnos, presentando algunhas curtametraxes sobre a polución ambiental ós seus compañeiros de EP e EI. As consecuencias da contaminación non é o único que transmitiron. Para que o mundo sexa un lugar máis fermoso onde vivir ensinaron que está nas súas mans, e nas nosas, frear o deterioro do noso planeta.

Deixamosvos unha pequena curtametraxe sobre unha amiga da nosa mascota da biblioteca, Tortu, na que se reflexa a problemática ambiental na que teñen que convivir algúns animais no noso planeta.

Galería de imaxes