BiblioTortu: novo horario.

Dende esta semana, ademais de visitar a BiblioTortu durante os recreos, tamén podedes achegarvos a nosa biblioteca en horario de tardes; os luns, martes e mércores de 16:00 a 18:00h.

Podedes acceder pola porta de acceso dende o patio (xunto ao salón de actos). Achegádevos a consultar información, ler, estudar, consultar a nosa colección de narrativa, levar prestados e devolver libros, e desfrutar dun espazo agradable para aprender e desenvolver as nosas capacidades creativas.