O proxecto “Plástico 0%” na prensa

Na edición deste domingo de La Voz de Galicia fanse eco do noso proxecto “Plástico 0%”. O mestre Emilio Vilariño explica o desenvolvemento do proxecto e a importancia de que nos concienciemos e comprometamos con este reto medioambiental. Artigo de La Voz

Ler máis

Os ruxidos de Cabárceno escoitáronse na Jorge

Susa Herrera estreou a súa última obra En Cabárceno rugidos y canciones para o alumnado de Educación Primaria. A “creadora de cancións” Susa Herrera volveu polo centro para presentar o seu último libro musical. Novos animais e novas cancións que enganchan a pequenos e maiores tanto polas melodías como polas divertidas letras que foron presentadas pola autora para os tres ciclos de Educación Primaria. O público […]

Ler máis

Canto lixo xeras nunha semana?

Hoxe comezamos o proxecto “Plástico 0″ valorando o problema do exceso deste material no centro. Durante unha semana encheremos a rede que hai no patio con residuos plásticos para tratar de analizar a realidade deste problema no colexio. Unha vez analizada e valorada a situación trataremos de atopar algunha resposta concreta para cambiala.

Ler máis

MOSTRA DE CURTAS PLÁSTICO 0%

A vindeira semana poñemos en marcha o Proxecto de Centro “Plástico 0%”, un enorme reto que pretende a eliminación total no colexio do uso de plásticos procedentes das nosas merendas. E para comezar as actividades propoñemos a “Mostra de Curtametraxes Plástico 0%” coa que tentaremos concienciarnos da problemática medio ambiental que producen os plásticos e identificar no noso colexio este grave problema. Bibliotortu

Ler máis

O alumnado da ESO recolle os diplomas KET de Cambridge

Este venres 20 de setembro fixemos a entrega dos diplomas KET de Cambridge aos nosos alumnos da ESO. Estamos moi orgullosos do seu esforzo e traballo. Noraboa!

Ler máis

Cambio de día no horario de tarde na ESO.

Informamos que para este curso 2019-2020, os alumnos e alumnas de ESO, terán un cambio no día lectivo de tarde, pasando do luns a martes en horario de 16: 00 h a 17.40 h.

Ler máis

Exames de setembro da ESO

Premer nesta ligazón

Ler máis

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2019/2020

Premer nesta ligazón

Ler máis

Excursión a Aldea Nova

O alumnado de primeiro e segundo de primaria realizaron o pasado mércores, 19 de xuño, a excursión de fin de curso. O lugar elixido para esta saída foi Aldea Nova en Narón. Alí puideron gozar do contacto con animais e a realización de moitas actividades relacionadas co medio ambiente. Galería de imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad