As mestras da Escola Infantil fixeron un vídeo coa canción Vivir co que queren enviarvos un forte saúdo e moitos ánimos para estes días de estar na casa. Vídeo
As mestras da Escola Infantil fixeron un vídeo coa canción Vivir co que queren enviarvos un forte saúdo e moitos ánimos para estes días de estar na casa. Vídeo
Debido ás circunstancias actuais modifícanse os prazos de inscripción e matrícula. Desde o próximo luns 16 de marzo ata o 30 de abril estará aberto o prazo de preinscripción para a Escola Infantil Jorge Juan. A publicación da lista de admitidos e o período de matrícula serán do 4 ao 15 de maio.
Enlace á web da Consellería de Educación
Comunicamos que este centro permanecerá pechado a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, segundo está a comunicar o Presidente da Xunta nos medios de comunicación. Asemade e aínda que o centro permanecerá aberto maña venres 13, recoméndase que os alumnos non acudan ao centro, sempre seguindo as recomendacións do Presidente da Xunta. O venres 13 tamén pechará a ludoteca e xa non haberá este […]
Este pasado martes 10 de marzo, 30 alumnas de todas as etapas educativas do centro participaron no XIX maratón de lectura “Fene lendo mulleres”. Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller recitaron poemas, leron textos e manifiestos onde se reivindicaba a labor feita polas mulleres e a súa loita pola igualdade.
A apertura do prazo de admisión para o vindeiro curso 2020-2021 comeza esta primeira semana de marzo e rematará o día 20 do mesmo mes. Podédesvos achegar ao centro de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 ou chamar ao 981 34 01 09.
Este venres despedimos o Entroido dun xeito festivo. Con disfraces, chocolatada e a queima do Meco puxemos fin ao Entroido no Colexio Jorge Juan. Galería de imaxes
O venres 6 de marzo haberá unha nova xornada de portas abertas para ver o centro. A partir das 17:00 e con cita telefónica previa podedes vir a coñecernos.O número do cole é 981 34 01 09.