Peche do centro
Comunicamos que este centro permanecerá pechado a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, segundo está a comunicar o Presidente da Xunta nos medios de comunicación. Asemade e aínda que o centro permanecerá aberto maña venres 13, recoméndase que os alumnos non acudan ao centro, sempre seguindo as recomendacións do Presidente da Xunta.
O venres 13 tamén pechará a ludoteca e xa non haberá este servizo dende o venres ata que se reanuden as clases.
En todo caso en canto teñamos confirmación oficial por parte da Consellería de Educación publicaremos nesta web a confirmación desta nova.