Grandes talentos musicais.

Grandes talentos musicais.

Ola rapazada! Dende Conexión Tarrío queremos propoñervos unha nova actividade para facer nestes días de vacacións. Trátase de que todos e todas aqueles que toquedes algún instrumento musical, nos alegredes os días cunha canción enviando a vosa gravación de audio ao correo soniaal@mundo-r.com. Deberedes indicar no correo o voso nome e apelidos xunto co título da canción que interpretades; despois coas recopilacións que teñamos elaboraremos o programa musical “Grandes Talentos Musicais”, que seguro que no noso cole hai moitos. Animadesvos? Pois a por elo!! Agardámosvos!!