Bo día familias, comunicamos que con data do 12 de maio de 2020 publícanse as programacións adaptadas para o 3º Trimestre do curso 2019-2020, en cumprimento das instruccións dictadas pola Consellería de Educación. Ver programacións.
Bo día familias, comunicamos que con data do 12 de maio de 2020 publícanse as programacións adaptadas para o 3º Trimestre do curso 2019-2020, en cumprimento das instruccións dictadas pola Consellería de Educación. Ver programacións.
Ola rapaces e rapazas, informámosvos que coma todos os anos, temos que elaborar a portada para a axenda escolar do vindeiro curso. Animámosvos a todos vós para que participedes co voso debuxo. Teredes que facer nun folio A4 en horizontal o debuxo que vos gustaría para a axenda , tendo en conta que é para todo o alumnado de primaria e secundaria. Non fai falla […]
Ola familias!!! Agardamos que esteades todos/as ben. Informamos que a partir do 11 e ata o 18 de maio reabrimos o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2020-2021. A atención será en horario de 9:00 a 14:00 h. Contamos contigo!!!!!
Estimados pais e nais, Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e paciencia ante a situación extraordinaria que estamos a vivir. Aínda que o trimestre tería que comezar o martes 14, tanto o Ministerio coma a Consellería non facilitaron instruccións claras ata o venres 17. A partir do luns 20 de abril comezaremos oficialmente o terceiro trimestre coas directrices do Ministerio de Educación: repaso, reforzo e […]
A Xunta de Galicia transmite este comunicado aos equipos directivos sobre as medidas para o comezo do terceiro trimestre. Este mércores 15 de abril, despois da xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, darán as instruccións para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final de curso. Ler o comunicado.
Ola rapazada! Dende Conexión Tarrío queremos propoñervos unha nova actividade para facer nestes días de vacacións. Trátase de que todos e todas aqueles que toquedes algún instrumento musical, nos alegredes os días cunha canción enviando a vosa gravación de audio ao correo soniaal@mundo-r.com. Deberedes indicar no correo o voso nome e apelidos xunto co título da canción que interpretades; despois coas recopilacións que teñamos elaboraremos […]
Os nenos e nenas de 3º B de Educación Primaria queren compartir con todos vós, esta canción que foi elaborada polas familias durante este difícil momento que estamos a pasar. Transmitindo un desexo de volver a xuntarnos moi pronto. Agardamos que vos guste.
As mestras da Escola Infantil fixeron un vídeo coa canción Vivir co que queren enviarvos un forte saúdo e moitos ánimos para estes días de estar na casa. Vídeo
Debido ás circunstancias actuais modifícanse os prazos de inscripción e matrícula. Desde o próximo luns 16 de marzo ata o 30 de abril estará aberto o prazo de preinscripción para a Escola Infantil Jorge Juan. A publicación da lista de admitidos e o período de matrícula serán do 4 ao 15 de maio.