Próxima parada…Riazor!!!

O vindeiro domingo día 18 de novembro as nenas e nenos de sexto curso de E.P. e os profes do terceiro ciclo faremos unha saída ao Estadio de Riazor (A Coruña) para asisitir ao encontro de fútbol entre o R.C. Deportivo de La Coruña e o Levante U.D. Sairemos do cole ás 10:00 da mañá e regresaremos en torno ás 15:00 horas facendo o desprazamento […]

Ler máis

Voz Natura e as Enerxías Renovables

O proxecto Voz Natura, no que participamos por segundo curso consecutivo, adica o tema deste ano ás enerxías renovables. O noso traballo consistirá en utilizar a enerxía solar para crear un sistema de rego na nosa horta. Gracias aos compañeiros, e veciños, de Aspaneps poidemos coñecer moitisimas cousas sobre a enerxía solar, xa que eles teñen no seu centro un montón de “artiluxios” que utilizan […]

Ler máis

IX Xornadas de Educación Vial

Ao longo desta semana, en Educación Infantil, estase a traballar na “IX Xornadas de Educación Vial”. Estase a traballar de xeito informativo e educativo con normas de comportamento como peatóns e normas de circulación por vías públicas, adaptados a cada nivel de idade.

Ler máis

Xornada de Portas Abertas para o Proxecto Solidario

Hoxe, celebramos a xornada de portas abertas do Proxecto Solidario, para recaudar alimentos; esta recolleita estaba aberta para todas as persoas do Concello, polo que podían colaborar con alimentos todas aquelas persoas  que o quisexen, aínda que fosen alleas ao Centro. AGRADECEMOS a  COLABORACIÓN de  TODAS as PERSOAS que PARTICIPARON na  nosa CAMPAÑA.

Ler máis

Educación Infantil visita o Museo do Humor de Fene

O pasado martes, día 30 de Outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos, visitaron o “Museo do Humor” de Fene situado na Casa da Cultura. Trátase do único museo do seu xénero en España, alí os nenos e nenas poideron ver obras humorísticas de autores galegos e outras de autores estranxeiros. A parte exposición de obras os nenos e nenas poideron desfrutar dunha […]

Ler máis

Charlas sobre o Acoso Escolar e os Riscos de Internet

O departamento de Orientación organiza unha serie de charlas orientadas aos rapaces e rapazas de 3º ciclo de Educación Primaria e todos os cursos de  Secundaria. Tamén se realizará unha charla orientada aos pais e nais dos rapaces e rapazas destas edades. Estas charlas forman parte do “Plan Director”, orientado para a mellora da convivencia e a seguridade escolar. Estas charlas serán impartidas por membros da […]

Ler máis

Celebración do Magosto

O pasado, mércores 31 de outubro, no Colexio Jorge Juan celebramos o xa tradicional Magosto; aínda que tamén celebramos o Samaín e Halloween. Ao longo da mañá, todos os nenos e nenas das distintas etapas educativas do centro (Gardería, Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria) realizamos diversas actividades relacionadas con dita festa.

Ler máis

Coñecendo o Outono

Os nenos e nenas do 3º Ciclo de Educación Primaria, realizamos a primeira saída deste curso escolar, o motivo foi o de coñecer máis de preto o Outono: caída das follas, froitos e froitas típicos desta estación, e sobor de todo; achegarnos máis de preto ao mundo dos cogumelos.

Ler máis

Taller de Ciencias en ESO

Os rapaces e rapazas de ESO, orientados polo Departamento de Ciencias do Colexio,  realizaron durante a semana pasada un Taller de Ciencias, que consistía na representación práctica do tema que estaban a traballar na aula: “O Mundo das Células”. No seguinte enlace podedes observar a grande variedade e creatividade de células que elaboraron os rapaces e rapazas. Ánimo e seguide traballando así de ben!. Fotos.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad