Educación Infantil visita o Museo do Humor de Fene.

O pasado martes, día 30 de Outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos, visitaron o “Museo do Humor” de Fene situado na Casa da Cultura. Trátase do único museo do seu xénero en España, alí os nenos e nenas poideron ver obras humorísticas de autores galegos e outras de autores estranxeiros. A parte exposición de obras os nenos e nenas poideron desfrutar dunha mostra audiovisual e realizaron un taller, onde eles poideron amosar a súa creatividade. Máis información picando aquí.