Educación Infantil visita a Oficina de Correos

O Vindeiro Luns, 17 de Decembro os nenos e nenas de Educación Infantil  faremos unha excursión ás instalación da Oficina de Correos de Fene.O percorrido farémolo a pé, acompañados por membros de Protección Civil, polo que aconsellamos que os nenos veñan co calzado e vestimenta axeitada.

Ler máis

Chega o Nadal ao noso Colexio

O Nadal chega ao noso Colexio e nos pasillos respírase xa o ambiente Navideño. Os nenos de Educación Infantil  vestiron o patio de cor cun grandísimo mural de abanicos. Como xa é tradición todos os anos fixeron unha árbore de reciclaxe, unha maneira orixinal e económica de adornar en estas festas. Os nenos e nenas de Educación Primaria tamén participan na decoración navideña do colexio, […]

Ler máis

Visita do 1º Ciclo de E. Primaria á Casa das Ciencias

Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria visitarán o vindeiro luns, 17 de decembro de 2012, o Museo da Casa das Ciencias, situada no parque de Santa Margarita na cidade da Coruña. Os rapaces e rapazas realizarán unha visita guiada a estas instalacións, onde disfrutarán de numerosas experiencias científicas, poderán ver unha exposición sobre os estudios evolutivos de Charles Darwin e como remate final, […]

Ler máis

Coñecendo o Mundo das Algas

Estas semanas pasadas os alumnos e alumnas de 1º de ESO estiveron estudando e coñecendo o mundo das algas, na área de Ciencias Naturais, realizaron un traballo de recoñecemento e etiquetado de distintos tipos de algas que podemos atopar nas nosas rías, así como, algunhas das utilidades que teñen no noso uso cotiá, que moitos de nós descoñecemos. Despois de todo este traballo os rapaces […]

Ler máis

Banco de Xoguetes

Este ano no Colexio participamos na campaña de recollida de xoguetes en colaboración cos Servicios Sociais do Concello, e as familias dos nenos e nenas do Colexio. Por iso, queremos agradecer a alta participación e colaboración das familias. Así como tamén, recordar que as familias necesitadas poden solicitar acollerse  a esta campaña de solidariedade, entre o 15 de novembro e o 10 de decembro, ambos […]

Ler máis

Visita do 2º Ciclo de E.P. ás Fragas do Eume

O pasado mércores e xoves, 21 e 22 de novembro, os nenos e nenas do Segundo Ciclo de Educación Primaria, visitaron o Parque Natural das Fragas do Eume. Os rapaces e rapazas coñeceron o Centro de Recepción de Visitantes do Parque, para coñecer as cousas  máis importantes, do que se poderían atopar dentro do Parque.

Ler máis

Recollida de Xoguetes

O noso colexio colabora cos Servicios Sociais do Concello de Fene na recollida de xoguetes. As datas de recollida serán os mércores 22 de Novembro e o 28 de Novembro. Agradecemos a aqueles nenos, nenas e familias que colaboran neste proxecto. E para que vexades a implicación dos rapaces, amosamos esta foto. Moitas gracias pola vosa colaboración.

Ler máis

Celebración do Día dos Dereitos da Infancia

Hoxe é o Día dos Dereitos da Infancia. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas vela que os dez artigos incluidos no tratado por eles creado, sexan recoñecidos, sen excepción: de raza, cor, sexo, relixión, opinións políticas ou de outra índole, posición económica, nacemento ou outra condición, xa sexa do propio neno ou da súa familia.

Ler máis

Visita do Director da “Cocina Económica”

O pasado Luns, día de 12 de Novembro; recibimos a visita do Director da “Cocina Económica“, Antonio Tostado Naveiras. O motivo da visita foi a de dar a coñecer como é o funcionamento desta asociación e explicarnos como desenvolven o seu traballo, tamén agradeceu a todos os nenos, nenas e rapaces a súa colaboración con eles, mediante o Proxecto Solidario que estamos a desenvolver neste […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad