Visita do 2º Ciclo de E.P. ás Fragas do Eume.
O pasado mércores e xoves, 21 e 22 de novembro, os nenos e nenas do Segundo Ciclo de Educación Primaria, visitaron o Parque Natural das Fragas do Eume. Os rapaces e rapazas coñeceron o Centro de Recepción de Visitantes do Parque, para coñecer as cousas máis importantes, do que se poderían atopar dentro do Parque.
Unha vez terminada esa visita, os nenos e nenas fixeron unha camiñata de sendeirismo polas fragas, onde poideron observar as distintas especies de flora e fauna que forman dito tipo de monte, acompañados dun biólogo, que forma parte do persoal, do parque natural.
Así mesmo, poideron ver como o outono afecta sobre a paisaxe dos montes autóctonos de Galicia.
Foi unha experiencia moi interesante, o poder descubrir un dos lugares con máis encanto de Galicia e que ademais temos moi preto da casa.
Máis fotos aquí.