Visita do 1º Ciclo de E. Primaria á Casa das Ciencias.

Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria visitarán o vindeiro luns, 17 de decembro de 2012, o Museo da Casa das Ciencias, situada no parque de Santa Margarita na cidade da Coruña.

Os rapaces e rapazas realizarán unha visita guiada a estas instalacións, onde disfrutarán de numerosas experiencias científicas, poderán ver unha exposición sobre os estudios evolutivos de Charles Darwin e como remate final, visitarán o planetario, visionando unha presentación sobre o sistema solar e o universo. Seguro  que disfrutarán ao máximo e aprenderán cousas moi interesantes.