Celebración do Magosto.
O pasado, mércores 31 de outubro, no Colexio Jorge Juan celebramos o xa tradicional Magosto; aínda que tamén celebramos o Samaín e Halloween. Ao longo da mañá, todos os nenos e nenas das distintas etapas educativas do centro (Gardería, Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria) realizamos diversas actividades relacionadas con dita festa.
Realizamos unha exposición de cabazas decoradas para tal festividade.
Realizamos un taller de pintura, onde apareceron diversos “seres”.
Adornamos as clases e pasillos con motivos de outono.
E como non, papamos as castañas asadas; por certo, estaban moi ricas.
E para rematar a festa, bailamos un pouco no patio todos xuntos. Foi unha xornada moi divertida. Os rapaces e rapazas de ESO, montaron a súa particular discoteca no Pavillón.