Voz Natura e as Enerxías Renovables.

O proxecto Voz Natura, no que participamos por segundo curso consecutivo, adica o tema deste ano ás enerxías renovables. O noso traballo consistirá en utilizar a enerxía solar para crear un sistema de rego na nosa horta. Gracias aos compañeiros, e veciños, de Aspaneps poidemos coñecer moitisimas cousas sobre a enerxía solar, xa que eles teñen no seu centro un montón de “artiluxios” que utilizan ao Astro Rei para funcionar. Ensináronnos un barco que funciona con placas fotovoltaicas e tamén un triciclo; cociñamos castañas nun forno solar e mostráronnos diferentes modelos de cociñas. Unha pasada!

A visita continuará pronto cando eles visiten o noso colexio para ensinarnos moitas cousas máis. Un saúdo e gracias. Galería de Imaxes.