Os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Educación Primaria, fixemos o pasado 21 de Marzo, unha marcha de sendeirismo ata o Coto do Rei (Marraxón), relacionada co Proxecto Voz Natura e coa celebración da chegada da Primavera.
Os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Educación Primaria, fixemos o pasado 21 de Marzo, unha marcha de sendeirismo ata o Coto do Rei (Marraxón), relacionada co Proxecto Voz Natura e coa celebración da chegada da Primavera.
Xa podedes ver as datas de exames de Educación Secundaria Obrigatoria, correspondentes á segunda avaliación. Pincha aquí.
Outro ano máis o Concello de Fene dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, organizou o marathón de lectura na Biblioteca Municipal; e como non podía ser menos, o noso Colexio, tamén participou cunha ampla representación de nenos e nenas de diferentes idades e niveis educativos.
Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria, realizarán este próximo venres, 9 de marzo, unha visita ao Parque Etnográfico da Capela, onde poderán coñecer e achegarse ao patrimonio cultural galego. A saída será ás 10:00h para chegar sobre ás 13:30 h.
Informamos que o prazo de matrícula para o curso escolar 2012-2013 estará aberto desde o 1 de marzo ata o 10 de abril. Todas as persoas interesadas poden informarse na secretaría do centro ou a través do correo electrónico do colexio. Así mesmo podedes descargar os impresos de matrícula e documentación nos seguintes enlaces: Impresos de matrícula. Documentación necesaria. Baremos de admisión.
Informamos que o prazo de matrícula para a Escola Infantil Colexio Jorge Juan, comezará o día 1 de marzo e rematará o 23 de Marzo. Para descargar os impresos e a documentación que se precisa, premer nos seguintes enlaces: Impresos de matrícula. Documentación necesaria. Para calquera dúbida ou consulta poñerse en contacto co teléfono do centro, correo electrónico ou na secretaria do mesmo.
O Entroido 2012. Bueno, pois o Entroido deste ano xa rematou, foi unha xornada moi divertida e moi intensa. Ao longo da mañá, os nenos e nenas de todo o Colexio Jorge Juan, realizamos un montonazo de actividades. Primeiro fotos, a continuación desfile, logo merenda, baile e por último, despedímonos do noso Meco. Que ben o pasamos!
Informamos da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012. Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas con fillos/as nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o […]
Xa temos o noso Meco que nos tratará de tolear durante uns días. E o seus mandados son: O LUNS CUNHA GARABATA. O MARTES POÑEMOS A BATA. O MÉRCORES A GORRA. É XOVES UN MANDIL.