Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Celebración do Día das Letras Galegas.

FESTEXO DAS LETRAS GALEGAS NO CENTRO. O Colexio como celebración do “Día das Letras Galegas”, adicado a Valentín Paz Andrade, organiza unha serie de actividades para todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. As nais e pais estades convidados a participar no evento a partires das 13:00. A continuación podedes ver as actividades programadas para o día.

Ler máis

Exposición Instrumentos Tradicionais e Libro Antigo.

O Colexio organiza esta semana adicada ás Letras Galegas dúas exposicións: instrumentos tradicionais e libros antigos. O lugar de expsosición é o Salón de Actos. Na exposición adicada aos instrumentos tradicionais galegos, titulada “O Son de Galicia”, poderemos observar unha mostra destes, dende a gaita ata outros instrumentos de percusión.

Ler máis

Excursión Fin de Curso 4º ESO.

Os rapaces e rapazas de 4º Curso de Educación Secundaria do noso Colexio, realizarán esta semana de maio (7-12 ) a excursión de fin de curso, con destino ao Pirineo Catalán e a Costa Dourada. Esta excursión, supón o remate dos estudios dentro do noso colexio, despois dunha estadia no Centro desde moi pequenos. Esperemos que desfruten moito, e sirva como despedida e un bo recordo de […]

Ler máis

Datas de Exames Finais ESO.

Os rapaces e rapazas de Educación Secundaria, xa tedes a vosa disposición as datas dos exames finais do curso 2011-2012. Datas de exames aquí.

Ler máis

Datas de Exame Pendentes ESO.

Os alumnos e alumnas con asiganturas pendentes, dos cursos de Educación Secundaria, xa teñen a súa disposición as datas dos exames das asignaturas correspondentes. Datas de exame aquí.

Ler máis

Concurso Fotográfico sobre os Bosques.

Os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, participaron no concurso de fotografía “¿Qué es para ti un bosque?”, onde presentaron a concurso diversas fotografías coa temática relacionada co Proxecto Voz Natura (Os Bosques), no que participa o Colexio este ano. Esta actividade foi desenvolvida dende a asignatura de Lingua Castelá. As fotografías pódense ver expostas nas escaleiras do centro entre o primeiro […]

Ler máis

Celebramos O Día do Libro.

Os alumnos/as do 2º Ciclo de EP celebramos o luns o Día do Libro e nada millor que inicialo coa obra máis importante do noso país: “Las Aventuras del Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha”. Para isto, realizamos unha serie de actividades sobre a orixe do día internacional do libro e a figura de Don Miguel de Cervantes Saavedra.

Ler máis

Colexio Jorge Juan en Riazor.

As rapazas e rapaces de Sexto Curso de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan,   acudiron o Domingo 22 de Abril ao Estadio Municipal  de Riazor, para apoiar ao Deportivo na súa tentativa de ascenso a Primeira División.

Ler máis

O noso Cole co Atletismo Divertido.

Os nenos e nenas de educación primaria do Colexio Jorge Juan  participaron, o pasado 30 de Marzo, nas Xornadas de Atletismo divertido, organizadas polo Concello de Fene e que se desenvolveron, como novidade este ano, no Campo de fútbol municipal dos Pinares (Perlio).

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad