Visita ao Aquarium do 1º Ciclo de Educación Primaria.
O pasado venres, día 15 de xuno, os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria, realizaron a derradeira saída do curso, visitando a cidade de A Coruña. Alí, poideron visitar a Torre de Hércules, onde os rapaces e rapazas tomaron a súa merenda antes de visitar o Aquarium Finisterrae.
Xa no acuario, os alumnos e alumnas coñeceron gran número de peixes e outras especies de animais que habitan os nosos mares. Poideron observar como os coidadores daban de comer ás focas que habitan no acuario. Tamén poideron ver, na sala Nautilus, como os buzos daban de comer aos tiburóns e as outras especies que alí viven.
Disfrutaron ao máximo desta visita a entorno mariño.