Celebración do “Día do Medio Ambiente”.

Hoxe, o noso Colexio, adiantouse a celebración do “Día do Medio Ambiente” e realizamos algunhas actividades relacionadas co acontecemento. Ao longo da mañá, participamos en distintas charlas orientadas á importancia, respecto  e coidado do entorno. Comezamos cunha charla adicada á protección e coidado do entorno mariño  e continuamos cunha charla relacionada co coidado e protección do entorno terrestre. 

Na primeira das charlas, os nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo de E.P., poidemos contar con David Deive, submarinista e fotógrafo submarino; o cal nos presentou distintos vídeos sobre o medio acuático e nos fixo ver a importancia do coidado do mesmo, así como tamén, a súas propiedades curativas.

A continuación, contamos coa presenza dun representante do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros, o cal nos explicou a súa importante función na recuperación das distintas aves.

 Tamén, nos trouxo un falcón peregrino que recuperaron no seu centro, e nós, tivemos a gran sorte de poder ver a súa volta a liberdade. Foi todo un espectáculo velo voar ceibo de novo.

E por último, os alumnos e alumas do 3º Ciclo de Educación Primaria, asistimos na parte da cabana, á entrega de premios dos concursos organizados ao longo do curso: lectura, fotografía e Charles Dickens. Noraboa aos gañadores e animar aos rapaces e rapazas a participar no vindeiro curso.

 

Foi unha mañá moi interesante e moi entretida; e nos gustaría agradecer a colaboración de todas as persoas que a fixeron posible: David (submarinista), Javier (veterinario do centro de Oleiros) e a todos os rapaces e rapazas que participaron nestas actividades. Galería de Imaxes.