Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Festa de Despedida dos Alumn@s de 6º Primaria.

Outro ano máis chega o Fin de Curso, e como non podía ser de outra maneira, toca despedirse doutros rapaces e rapazas. Neste caso, algúns deles comezaron os seus pasos na Gardería e esperamos que rematen a súa etapa educativa no noso Centro. Entón, como xa é algo tradiconal, chega o emocionante e emotivo momento de despedirse.

Ler máis

Celebración do “Día do Medio Ambiente”.

Hoxe, o noso Colexio, adiantouse a celebración do “Día do Medio Ambiente” e realizamos algunhas actividades relacionadas co acontecemento. Ao longo da mañá, participamos en distintas charlas orientadas á importancia, respecto  e coidado do entorno. Comezamos cunha charla adicada á protección e coidado do entorno mariño  e continuamos cunha charla relacionada co coidado e protección do entorno terrestre. 

Ler máis

Visita á Festa de Voz Natura.

Un grupo de rapaces e rapazas de 6º Curso de Educación Primaria acudimos o pasado sábado, día 2 de Xuño, a Festa e Entrega de Premios do Concurso Voz Natura, organizado polo xornal La Voz de Galicia. Botamos alí, case que todo o día, e poidemos disfrutar dun montón de actividades organizadas: talleres, xogos, exposicións,…

Ler máis

Axudas adquisición Libros de Texto Curso 2012-2013.

Informámoslles aos pais e nais, que se abre o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2012-13. –Destinatarios:  Todos os alumn@s que no curso 2012-13 vaian cursar Educación Primaria e E.S.O.  –Prazo de solicitude: Para o alumnado de E. Primaria: Do 1 ao 30 de Xuño. Para o alumnado de E.S.O. Do 25 de Xuño ao 26 de Xullo […]

Ler máis

Visita do 1º Ciclo E.P. a “Galicia, conservando a Natureza”.

Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria, visitaron o pasado venres, día 25 de maio, a exposición “Galicia conservando a Natureza”, ubicada no salón de plenos da Casa do Concello de Fene.

Ler máis

Visita ao Muíño de Pedroso.

Os alumnos e alumnas do 2º Ciclo de Educación Primaria, acudimos o pasado venres, 25 de maio, a coñecer e visitar  o Muíño de Pedroso, onde poidemos disfrutar dunha magnífica xornada e realizar unha morea de actividades.

Ler máis

Celebración Festa Voz Natura.

O vindeiro día sábado, 2 de xuño, celébrarase como todos os anos, a festa de fin de curso do Proxecto Voz Natura patrocinado polo xornal “La Voz de Galicia”. Nós,  coma centro participante nesta edición 2011- 2012 e vós coma pais e nais dos alumnos participantes, estamos invitados a  esta actividade e a tódolos actos que se celebrarán durante ese día. Deixámosvos unha serie de […]

Ler máis

Celebración Día das Letras Galegas.

Outro ano máis, celebramos o Día das Letras Galegas, e este ano, coma sempre, organizamos unha serie de actividades para festexar esta data tan significativa para Galicia.

Ler máis

Celebración do Día das Letras Galegas.

FESTEXO DAS LETRAS GALEGAS NO CENTRO. O Colexio como celebración do “Día das Letras Galegas”, adicado a Valentín Paz Andrade, organiza unha serie de actividades para todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. As nais e pais estades convidados a participar no evento a partires das 13:00. A continuación podedes ver as actividades programadas para o día.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad