Renovación representantes pais/nais no Consello Escolar.

Informamos que durante o mes de novembro deste ano procederase á renovación parcial dos membros do Consello Escolar dos centros de ensino de Galicia. A través da presente circular, poñemos no voso coñecemento que se procede a expoñer  no taboleiro de anuncios do centro o censo de pais/nais con dereito a voto, así como o Calendario previsto para a renovación do consello Escolar.

Quedando abertos os seguintes prazos:

*   Posibles reclamacións sobre ausencias ou datos erróneos.

* Presentación de candidaturas para cubrir os postos vacantes (estas candidaturas depositaranse nun sobre pechado na Secretaría do centro e serán expostas no taboleiros de anuncios dende o Venres 16 de Novembro ata o mércores 28 de Novembro).

Calendario