Xa saíu unha nova edición da revista Tortu news. É o terceiro número da revista da biblioteca do noso colexio, e esta vez feita en pleno confinamento. Clicando na seguinte ligazón podedes ver cal foi o resultado: Tortu news, n.º 3
Xa saíu unha nova edición da revista Tortu news. É o terceiro número da revista da biblioteca do noso colexio, e esta vez feita en pleno confinamento. Clicando na seguinte ligazón podedes ver cal foi o resultado: Tortu news, n.º 3
Antes de nada queremos felicitar a todas e a todos os que participastess nos Xogos Florais. Todos os sonetes que nos chegaron son fantásticos e non podemos máis que darvos a noraboa polo voso traballo e esforzo xa que, como ben sabedes agora, a creación deste tipo de estrofa require unha grande creatividade, dominio das normas métricas e de composición poética. Por iso, felicitámosvos e […]
O pasado 23 de abril foi o Día Internacional do Libro, unha celebración que sempre temos no colexio. Este ano as cousas son diferentes, non podemos estar nas aulas, pero non por iso deixamos de celebrar este día. O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixo, cada un na súa casa, un marcapáxinas para conmemoralo. Quedan aquí as imaxes
23 de ABRIL, DIA DO LIBRO 2020 Pra celebrar este día tan especial, quixemos pedirlle a Sara Alonso Cebreiro que nos lese a todos e a todas o conto de Ricardo Carvahlo Calero “As pitas baixo a choiva” Grazas, Sara, polo teu esforzo, e tamén á túa familia por participar nesta actividade. Noraboa!! Agardamos que gocedes deste relato que está acompañado pola música de BellonMaceiras […]
Dende que comezou a funcionar a radio do noso colexio, Conexión Tarrío, non deixou de emitir. Deixamos aquí os enlaces a todos os programas feitos ate o de agora: Talentos desde a casa Contos desde a radio (2ª parte) Chistes dende a casa. Contos dende a radio Xuntos na distancia Especial música de primavera (2ª parte) Especial mÚsica de primavera Especial covid-19 2º parte Especial […]
Hoxe remata o segundo trimestre e as notas, en función do feito e avaliado ata o 13 de marzo, están á vosa disposición na plataforma Xade á que podedes acceder a través de Abalar. Se algunha familia ten dificultades de acceso rogamos contacte co titor ou coa titora. Todo o plantel do centro seguimos á vosa disposición telemáticamente e seguiremos subindo información na web durante […]
A plataforma Galicia Le abre os seus fondos de maneira libre para o acceso de todos e todas. Aquí tedes o enlace: Galicia Le
Deixamos aquí a seguinte páxina de materiais e recursos online, para todos os niveis educativos, facilitada polo Ministerio de Educación. Recursos
Dende a radio municipal nos indican que, aproveitando a estancia da rapazada nos domicilios, van botar pola radio o maratón de lectura “Fene lendo mulleres” dacordo co seguinte calendario: Luns 23. Colexio Jorge Juan. Martes 24. Colexio Os Casais. Mércores 25. Colexio A Xunqueira. Xoves 26. Colexio O Ramo Venres 27. Colexio Centieiras. O maratón pódese escoitar os dias sinalados ás 12 do mediodia en […]