Maratón de lectura “Fene lendo mulleres”

Dende a radio municipal nos indican que, aproveitando a estancia da rapazada nos domicilios, van botar pola radio o maratón de lectura “Fene lendo mulleres” dacordo co seguinte calendario:
- Luns 23. Colexio Jorge Juan.
- Martes 24. Colexio Os Casais.
- Mércores 25. Colexio A Xunqueira.
- Xoves 26. Colexio O Ramo
- Venres 27. Colexio Centieiras.
O maratón pódese escoitar os dias sinalados ás 12 do mediodia en Radio Fene no 107.7 da Frecuencia Modulada ou na páxina web www.radiofusion.gal (pinchando na ventá Radio Fene en directo)