Remate do segundo trimestre

Remate do segundo trimestre

Hoxe remata o segundo trimestre e as notas, en función do feito e avaliado ata o 13 de marzo, están á vosa disposición na plataforma Xade á que podedes acceder a través de Abalar. Se algunha familia ten dificultades de acceso rogamos contacte co titor ou coa titora.

Todo o plantel do centro seguimos á vosa disposición telemáticamente e seguiremos subindo información na web durante as “vacacións” de Semana Santa.

Queremos agradecer o gran esforzo realizado por todas as familias, o apoio e comprensión que estades a ter ante esta situación anómala e queremos transmitir unha mensaxe de forza e unión ante estes momentos tan difíciles. Pronto estaremos xuntas e xuntos de novo!!! Un forte abrazo!!!