Recollida de xoguetes

Achégase o Nadal e este ano queremos colaborar facendo unha recollida de xoguetes no centro que serán entregados a unha ONG que se encargará de repartilos. A recollida será o vindeiro venres 18 e aqueles que queiran colaborar poderán traer un único xoguete en bo estado. Lembrade traelo o mesmo venres. Grazas de antemán pola colaboración.

Ler máis

FELIZ PONTE, FAMILIAS!

Lembrade que facemos un descanso de 4 días e que voltaremos o mércores con moitas ganas.Unha aperta!

Ler máis

Campaña contra a violencia de xénero 25N

Campaña contra a violencia de xénero 25N

Video creado polo alumnado de primeiro e segundo de Secundaria para o 25N

Ler máis

Bica e arrinca

Bica e arrinca

Grazas a colaboración co Concello o noso centro contará cun espazo de “bica e arrinca”. Esta mellora que facilita a chegada do alumnado ao centro comezará a poder empregarse a partir de maña, mércores 11 de novembro. A partir desta data poderase parar nos dous sentidos da vía, na zona do paso de peóns, para deixar as/os alumn@s sen ter que estacionar os coches.

Ler máis

Magosto 2020

Aínda que un pouco diferente aos últimos anos neste curso tamén puidemos celebrar no colexio un magosto. Este venres pasado aproveitamos a proximidade do Samaín para facer unha dobre celebración, o magosto que sempre temos por estas datas e o Samaín. Disfraces e castañas mesturáronse nunha xornada festiva na que a distancia física non impediu gozar de tempo e ansias compartidas. Deixamos nas seguintes ligazóns […]

Ler máis

Corte de tráfico

Corte de tráfico

O vindeiro luns 26 de outubro, estarà cortado o tráfico na Avenida Tarrío, diante do centro, entre as 9 e as 14h. O motivo é que se van levar a cabo as obras necesarias para adecuar a vía ao Programa BICA E ARRINCA, así como para a construcción dun paso de cebra elevado.

Ler máis

Colaboración da ANPA co Banco de Alimentos

Colaboración da ANPA co Banco de Alimentos

A ANPA colabora este a no co Banco de Alimentos de Ferrol, polo que anima a doar alimentos e artigos de hixiene persoal na caixa situada na entrada da secretaría do Colexio, xunto aos sofás. Dende o mércores 14 de outubro ata o vindeiro 22 de decembro. Grazas de antemán polas súas contribucións.

Ler máis

Próximo días non lectivos

Próximo días non lectivos

Lembramos a toda comunidade educativa, profesorado, familias e alumnado que non serán lectivos para o noso colexio os días: Luns, 12 de outubro Martes, 13 de outubro

Ler máis

Máscaras hixénicas

Xa temos no cole máscaras hixénicas reutilizables de neopreno, con certificado UNE 0065: 2020 e en CWA 17553

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad