O 8M reivindícase na Jorge Juan

O 8M reivindícase na Jorge Juan

As diferentes etapas educativas realizaron actividades vencelladas á celebración.

O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller e o noso centro quixo participar desde todas as súas etapas con diferentes actividades.

Desde a Escola Infantil fixeron este mural para conmemorar o día:

O alumnado de Ed. Infantil gozou da representación da historia de Amelia Earhart, pioneira da aviación feminina.

Tamén o celebraron con música, escolleron a canción “Chea de vida” de Guadi Galego. No neste vídeo podedes ver a como a representaron empregando a linguaxe de signos, e tamén as emotivas mensaxes que levan escritas nas máscaras.

Ver vídeo

Dadas as complicación que ten este ano para facer celebracións conxuntas, na etapa de Educación Primaria optouse por traballar nas aulas sobre a importancia deste día. Como a elaboración de adhesivos.

O alumnado da E.S.O. quixo homenaxear a Xela Arias (escritora, poeta e editora que será tamén protagonista da celebración do Día das Letras Galegas 2021) lucindo camisetas coa súa frase “Palabras: con elas podes facer e desfacer o que queiras”.

Tamén en secundaría fixeron una exposición coa biografía de grandes mulleres destacadas en diversos ámbitos: ciencia, investigación, deportes, literatura, sufraxistas…, que están expostos polos corredores do centro.

A rapazada de 1° ESO, deseñou uns carteis para esta data tan sinalada, resaltando o lema “8M, día internacional das mulleres”

Desde a emisora do cole Conexión Tarrío, fíxose un programa especial onde participou e opinou alumnado das distintas etapas educativas do noso colexio.

Aquí podedes escoitar este programa de radio adicado ao 8M

Feliz Día da Muller a todas e todos!