Día do Libro 2021

Día do Libro 2021

O Día internacional do Libro celébrase todos os anos o 23 de abril. Celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura.

Neste ano 2021, no Colexio Jorge Juan, as distintas etapas educativas sumáronse a esta festa do libro. Dende a Escola Infantil, os máis pequenos visitaron a biblioteca do colexio e escoitaron con grande interese un conto.

Na etapas de Educación Infantil optaron pola elaboración de marcapáxinas e un mural: “Grolos de lectura”

A elaboración de marcarpáxinas tamén foi unha das actividades realizadas en primaria, que completaron esta xornada de aproximación á lectura coa realización de ilustracións de contos clásicos e portadas dos libros preferidos do alumnado para decorar os corredores.

Houbo tamén agasallos preparados por parte do alumnado que entregaron libros aos seus compañeiros.

Naturalmente a biblioteca (Bibliotortu) e a radio do colexio (Conexión Tarrío) non foron menos no afán de achegarnos máis á lectura e a realidade literaria. Aquí o alumnado e profesorado de diversas etapas puxo o seu gran de area para desenvolver a programación deste día.

Deixamos a continuación unha galería de imaxes, o vídeo feito na biblioteca e o programa de radio Conexión Tarrío:

Galería de imaxes

Programa de radio

Conexión Tarrío chega novamente cun programa especial adicado ao Día do Libro 2021. É este un traballo realizado en colaboración con rapazas e rapaces de todos os niveis educativos do colexio, dende infantil a secundaria. CT segue a ser un punto de encontro para toda a rapazada do cole, un espazo de diversión e colaboración onde nos expresamos con liberdade e compromiso. 

A continuación deixámosvos un índice das colaboracións por se queredes ir directamente a algunha delas, aínda que o programa enteiro está moi interesante. Non volo perdades!! 

CT, a radio do CPR Jorge Juan de Perlío en Fene.

1º Cuña publicitaria Día do Libro (Carmen 5º) 0¨

2º Colaboración Educación Infantil 55´´

3º Presentación histórica Día do Libro (Ana 6º) 1¨17´´

4º Recomendación lectura: “A cebra Camila” (Rapazada de 3º) 5´28´´

5º A Biblia: Libro de Libros (Alumnado de Relixión 4º) 6´17´´

6º Lectura do conto: “Non me gusta o verde” (Sara 6º) 11´43´´

7º Recomendación lectura: “Cámbiache o conto” (Rapazada de 3º) 17´10´´

8º Cuña publicitaria I Concurso de relatos Bibliotortu (Gisela 5º) 18´15´´

9º O Manga, cómic xaponés (Alumnado de 1º de ESO) 19´24´´

10º Entrevista a Manuel de Metrópolis Cómics (Grupo Prensa 6º) 24´18´´

11º Recomendación lectura: “Topito terremoto”  (Rapazada de 3º) 35´29´´

12º Lectura do conto “Orellas de bolboreta” (Alex 6º) 33´44´´

13º Lecturas de mestres e mestras  39´03´´

14º Recomendación lectura: “Elmer” (Rapazada de 3º) 46´44´´

15º Facemos un Escape Room (Grupo prensa 6ºA) 47´46´´

16 º Entrevista a Marta Fariña 53´08

17º Peche