Mandato do Meco para o martes
A Semana do Cine que celebramos esta semana, e na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria, rematou cunha proxección conxunta para todas a etapas educativas e ás súas familias. Queda aquí a galería de imaxes Tamén contamos coa exposición de ilustracións sobre o circo que comezou como celebración do Día da Ilustración. Tedes máis información sobre isto e fotografías no blog da […]
Achéganse os días de Entroido e con el chegan tamén os mandatos do Meco. Hoxe podedes ler o primeiro mandato para saber o que toca traer o vindeiro luns.
Como celebración do Día da Paz, e como xeito de adhesión aos valores de convivencia pacífica, o pasado luns camiñamos polas rúas de Fene cara o Casa do Concello. Alí colocamos lazos con mensaxes de paz, e limos o seguinte manifesto que expresa o compromiso do noso coloexio coa Paz: No CPR Jorge Juan de Perlío, onde conviven alumnado, profesorado e outras persoas da comunidade […]
O próximo 17 de febreiro, se o tempo o permite haberá pola mañá un desfile de comparsas de Entroido desde o centro ata a Casa do Concello. A Anpa Cpr Jorge Juan Perlio quere formar unha de pais e nais coa temática do circo. Todo aquel que estea interesado que contacte no Whatsapp da ANPA.
O alumnado do terceiro ciclo de Primaria comeza a actividade de Natación Escolar en colaboración co Concello de Fene.
A pesar de ter que cancelar unha boa parte dos espectáculos programados para este fin de trimestre, puidemos despedir este ano cunha intensa axenda de eventos e celebracións. Comezamos a semana co concurso de decoración das portas das aulas, nas que primaba a orixinalidade, o uso de materiais reutilizados ou de reciclaxe, e a relación co proxecto de centro deste ano: O Circo. Non foi […]
Xa están listas as reportaxes fotográficas de Sonrisa Escolar. Nos próximos días entregaranse ao alumnado para que as familias os poidan ver e decidir se desexan adquirilos. Pódese mercar a reportaxe completa ou só a foto de grupo. Para isto é necesario deixar o importe nun sobre na caixa de correo da ANPA, indicando nome e curso do alumno. No caso de irmáns facelo constar […]